COSTAS QUE ENMEIGAN
Galiza que grandes e bonitas
son as tuas inmensas praias,
cando as visitas unha soa vez
non podes deixar de facelo.
Polo día son fermosas,
e pola noite un gran mago
que enfeitiza coa súa posta do sol,
de cores alaranxados e vermellos
tan brillantes que deslumbran
todos quedamos namorados
das nosas baias, praias, candis e areais
tan maxicos coma a noite de reis
para nenos e grandes
con moita ilusión ata a fin da súa vitalidade
nesta fermosa Galiza, que sempre teremos
nun oco moi especial do corazón
que cada quen ten reservado
dende o primeiro intre en que nace,
ata o último minuto
que temos antes da morte
que nos agarda na volta da esquina.
Pero sempre diremos:
--Nosas praias lindas sempre
no meu corazón coas tuas cores
laranxas e vermellas
da posta do Sol.
2 Comments:
¿Sabes lo que realmente enmeiga de nuestra tierra?: Adolescentes como tú...
Celerina: é realmente fermoso o que dis.
Amo as praias, ás posta de sol, e toda esta terra meiga e verde cor da esperanza e da vida
Publicar un comentario
<< Home