SEMPRE XUNTA MIN
Fucheste e non volviches
aquí te agardo con moitas cores de agarimo.
Marchaches, pero sei que sempre
vas estar xunta min;
dende onde me observas
e tamén me guias polas rutas
que ten a vida que algún día terá un fin
que me chegará a min e a todos.
Ainda que non estas aquí,
nin eu ai,
sei que estamos moi preto un do outro,
porque sempre vexo o teu rostro
no alto do ceo.
Sempre xunta ti eu ei de estar
pase o que pase ali eu ei de estar.
No meu corazón tes un gran oco moi especial
no que sempre te ei de levar ata a final,
dos meus días.
Sempre xuntos,
sempre xuntos estaremos,
un xunto do outro,
coa mesma complicidade de sempre
que en vida e morte
ata a fin teremos os dous;
pero non esquezo que eu
sempre xunta ti ei de estar.
2 Comments:
Acabo de leer, o que durante dous anos me hubese gustado escribir a min¡¡¡Pero non atopei nin as verbas nin o tempo¡¡.Nin a forza pa escribilas¡¡ graciñas
Gracias
Gustariame coñecer o teu blog, cal é a direción?
Moitas gracias.
Publicar un comentario
<< Home